O Estado investirá 916.000 euros no Museo Etnolóxico de Ribadavia

O proxecto de ampliación iníciase o vindeiro ano con 16.000 euros

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

Case un millón de euros servirán para ampliar o Museo Etnolóxico de Ribadavia. O delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro, visitaba onte a vila e anunciaba un investimendo de 916.000 euros ao longo dos vindeiros tres anos para este fin. O proxecto contempla investir 16.000 euros en 2010, 100.000 en 2011 e 800.000 no seguinte ano. O centro, que aínda depende do Estado, está pendente de que se complete a transferencia da súa titulariedade á Xunta.

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museo Etnolóxico de Ribadavia

Claves

Lugares