Cultura inxecta 150.000 euros no Museo do Entroido

O proxecto leva máis dunha década de atraso

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O Consello da Xunta aprobaba onte un investimento de 150.000 euros para adecuar o edificio que albergará o Museo do Entroido de Xinzo. Este proxecto museístico, nado hai preto de quince anos, acumula máis dunha década de atrasos. Recentemente, o Concello anunciaba o comezo das obras mercé a unha subvención da deputación de Ourense. En calquera caso, está previsto que os traballos de adecuación continúen en 2013, e fica pendente aínda a instalación do material do centro.

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Entroido, Deputación de Ourense

Claves

Conceptos
Lugares