Xinzo procura a cesión de material para completar o Museo do Entroido

O centro pódese visitar concertando visita previa

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Non está aberto ao público pero pode visitarse. Todos aqueles que queiran coñecer o Museo do Entroido de Xinzo deben facelo con cita previa e alí descubrirán obxectos arredor do entroido galego. Con todo, tal e como publica hoxe La Región, o centro ten visitable unha parte, a outra está pendente dunha achega de 300.000 euros (xa asignada entre Cultura, a Deputación de Ourense e o concello) que permitirá rematar o proxecto dun centro que comezou hai xa dez anos. Para a apertura completa do centro, o concello está a negociar cun particular a cesión de 500 máscaras que foi recuperando de entroidos de varios países europeos.

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Entroido, La Región, Deputación de Ourense

Claves

Conceptos
Lugares