O Museo Liste de Oseira permanece pechado porque non hai persoal para abrilo

A Deputación de Ourense asumiu no 1997 o custe de que tivera un horario estable

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O centro garda máis de 6.000 obxectos que sobre o traballo agrícola de Galicia, oficios descoñecidos, obxectos de carácter singular e a exclaustración monacal. Pero o Museo Liste de Oseira está pechado ao público porque non ten persoal para a súa apertura. A Deputación de Ourense é a responsable de que o centro non conte cun horario de apertura ao público, xa que en 1997 chegou a un acordo coa familia polo que asumía a achega económica correspondente á contratación dunha persoa para abrir as instalacións. Segundo publica La Voz de Galicia, o novo marco laboral impide á Deputación de Ourense, manter a relación contractual coa persoa encargada de abrir as portas do museo. A consecuencia é que o centro leva varios meses sen abrir ao público.

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Para saber máis
Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Deputación de Ourense, Oseira, La Voz de Galicia, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)