O Museo do Entroido de Xinzo reabre as súas portas

A Deputación de Ourense asume a xestión do centro, que terá actividade ata o vindeiro 30 de xuño

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
O Museo do Entroido de Xinzo reabre as súas portas

Logo dun ano fechado, o Museo Galego do Entroido, situado en Xinzo, abriu onte de novo as súas portas da man da Deputación de Ourense. O propio Museo acolleu onte a sinatura do acordo de transferencia das instalacións, polo que a Deputación se fai cargo do mesmo en réxime de competencia propia e como servizo publico cultural de carácter supramunicipal logo que o concello, que o puxera en marcha, non fose quen de mantelo en actividade. Está previsto que o Museo continúe aberto ata o vindeiro 30 de xuño baixo a xestión da empresa Amphilocos.

No mesmo acto acordouse tamén a creación do Consello Asesor do Museo Galego do Entroido, do que formará parte o Concello, a asociación A Pantalla, diferentes entidades da provincia nas que o entroido teña un especial arraigamento e "aquelas sen ánimo de lucro que realicen actividades de conservación e difusión do entroido ourensán". A asociación local A Pantalla xestionará ademais unha colección monográfica e contará cun espazo propio no centro.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Entroido, Deputación de Ourense

Claves

Conceptos
Lugares