O Concello de Ourense asumirá a xestión do Teatro Principal da cidade das Burgas. O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e o presidente da Deputación, Manuel Baltar, acadaron un principio de acordo que se matizará nos próximos dÃas polo que a Deputación de Ourense, titular do equipamento, transferirá ao Concello a xestión do Teatro Principal de Ourense, espazo de referencia na programación de actividades culturais na cidade.
O acordo ten como obxectivo mellorar a coordinación, a planificación e a execución da programación de actividades culturais da cidade, xa que será o Concello quen xestione os dous espazos culturais máis importantes, versátiles e de maior capacidade de público e desenvolvemento de espectáculos culturais en Ourense: o Auditorio e o Teatro Principal. O Concello de Ourense terá pleno control na realización de espectáculos culturais na cidade, o que, segundo comunicado do goberno local, lle permitirá evitar contraprogramacións de actividades que, ao coincidir en data, obrigaban ao público a ter que elixir entre a programación dos dous espazos culturais, ademais de poder decidir para cada espectáculo o recinto máis axeitado en función da súa capacidade. O Concello asumirá tamén o persoal do centro, formado por unha ducia de traballadores.