O concello de Ourense concede a licenza de obra para o Museo Arqueolóxico de Ourense

A obra leva pendente desde o ano 2002

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, anunciou que o concello concedeu a licencia de obra do Museo Arqueolóxico de Ourense ao Ministerio de Educación, titular do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, en proceso de remodelación desde o ano 2002. Na actualidade, só se pode visitar unha pequena parte da colección no convento de San Francisco da cidade. Vázquez indicou que as obras do museo suporán un investimento de 11 millóns de euros para acondicionamento do edificio e dous millóns para o proxecto museístico, e fixo o anuncio tras reunirse a pasada semana con representantes do ministerio. O trámite permitirá a licitación do concurso para acometer a obra.