A apertura do Museo Arqueolóxico de Ourense adiarase máis alá de 2017

Os Orzamentos xerais do Estado só contemplan unha partida de 150.000 euros en 2014

7/10/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O Museo Arqueolóxico de Ourense leva pechado por obras desde 2001 e o peche non parece que vaia ser solucionado en 2014. Segundo publica La Región, os Orzamentos Xerais do Estado prevén un investimento de só 150.000 euros en 2014 na reforma do edificio, mentres que existe unha previsión de case dous millóns de euros entre 2015 e 2017. Mellor sorte corre outro edificio emblemático ourensán, o Arquivo-Biblioteca de San Francisco, para os que se orzamentan máis de 4 millóns de euros no vindeiro exercicio ata un total, nos vindeiros anos, de 13,4 millóns.

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museo Arqueolóxico de Ourense, Ourense, La Región, Arqueoloxía