O Museo Arqueolóxico de Ourense precisa vinte millóns

Non hai expectativas dunha próxima apertura do centro logo de once anos fechado

31/1/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Aínda que leva oito anos fechado con vistas a súa renovación, non hai perpectiva de que o Museo Arqueolóxico de Ourense abra as súas portas en breve. Segundo sinala hoxe La Región, o conselleiro de Cultura, Xesús Vázquez, mantivo este martes un encontro con representantes do Ministerio de Cultura, responsable do Centro, no cal ser verificou a parálise nos traballos que estaba previsto rematar en dous anos. Ademais, no encontro cuantificouse en 20 millóns de euros a contía para pór en marcha o museo de novo, unha vez rematada a restauración do edificio. Os dous reponsables acordaron ir traballando de cara á futura apertura do centro, mais sen adiantar datas nin actuacións.

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museo Arqueolóxico de Ourense, Ourense, Xesús Vázquez, La Región...