Novas homenaxes lembran a Carballo Calero en Ferrol e na Coruña

O evento Ferrol, 1916 estrea a peza de Miguel Brotóns a musicar un poema do autor

| Santiago. Redacción | Seccións: Día das Letras Galegas
Compartir:
Novas homenaxes lembran a Carballo Calero en Ferrol e na Coruña

O outono continúa cargado de homenaxes arredor do Día das Letras dedicado a Ricardo Carballo Calero. Entre os máis próximos, Ferrol acolle este 14 de outubro a evento Ferrol, 1916, un acto organizado polo Consello da Cultura Galega en colaboración co Concello que se desenvolverá no Teatro Jofre. O programa inclúe a presentación da edición facsimilar da obra teatral A farsa das zocas e a estrea ao público da peza Ferrol, 1916. Esta composición de Miguel Brotóns musica o poema homónimo do autor homenaxeado e contará con Alejo Amoedo ao piano e Patricia Rodríguez Rico na voz. O evento incluirá tamén a proxección da vídeo montaxe teatral Farsa das zocas.

Na Coruña, pola súa banda, a Asociación Veciñal Agra dedícalle ao autor un lugar destacado nos seus Ferrados de Letras. A presentación da BD Ricardo Carvalho Calero. Coraçom de terra, acompañada dun recital poético e da música de César Morán protagonizará este día 16 o primeiro destes encontros. O día 20 será a quenda de Aurora Marco, que presentará a súa obra sobre a mocidade do homenaxeado e mais o seu libro Irmandiñas. Nesa ocasión o apartado musical estará a cargo de Barahúnda.

Que che parece esta nova?
88 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ferrol, Carballo Calero, Carballo, A Coruña...