O certame Musicando Carvalho Calero, que organiza a Associaçom Galega da LÃngua en colaboración coa CRTVG ten xa gañadores. A banda Clásicos Libres impúxose entre as dez propostas finalistas polo voto do público coa súa versión do poema Ferrol 1916. En total participaron nesta iniciativa oitenta cancións que musicaban textos do homenaxeado no DÃa das Letras Galegas. Logo dunha primeira selección realizada por un xurado, o público puido votar a través da rede entre dez finalistas.
Os gañadores gravarán o seu tema, ademais dun vÃdeo musical do mesmo nos estudios da CRTVG e actuarán en varios programas da radio e televisión públicas. Ademais, recibirán un premio de 1.500 euros en metálico.