A Associaçom Galega da Língua e mais a Radio Galega teñen en marcha o certame Musicando Carvalho Calero, co que convidan a facer cancións a partir dos poemas do homenaxeado no Día das Letras. As persoas e grupos interesadas en participar teñen ata o 22 de setembro para enviar as súas propostas, que poderán recoller poemas íntegros, fragmentos ou mesmo versións modificadas de traballos do autor. De entre os temas finalistas seleccionaranse dez que se publicarán con licenza Creative Commons no web do certame e que optarán ao premio de 1.500 euros e a gravación do tema e dun vídeo musical, ademais de contar con entrevistas e actuacións na Radio Galega e na TVG. O certame recupera unha iniciativa que a AGAL puxera en marcha en 2010. O resultado do certame darase a coñecer o vindeiro 30 de outubro, a coincidir cos 110 anos do nacemento ho homenaxeado.
Pola súa banda, e segundo recolle o web da Real Academia Galega, a pianista Rosa Torres-Pardo e a actriz Lucía Álvarez presentaron nas redes o seu "Tributo a Carvalho Calero". As dúas desenvolveron durante o confinamento unha versión musicada do poema ¿Onde está o verso?, no que o poeta desenvolve un monólogo interior e que foi publicado na obra Futuro condicional.