O Consello da Cultura “libera” unha escolma da colección sonora sobre Ramón Piñeiro

Os arquivos de audio teñen licenza Creative Commons 3.0

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

É o homenaxeado no Día das Letras Galegas deste ano. Ramón Piñeiro (1915-1990) foi o primeiro presidente do Consello da Cultura, alén dun persoeiro clave para comprender a incardinación do galeguismo no artellamento institucional da Autonomía. O Arquivo Sonoro de Galicia conta cunha colección sobre o intelectual, a partir da que fixo unha escolma que agora se pode distribuir e reproducir acreditando unicamente a súa procedencia. Baixo licenza Creative Commons 3.0, no web da institución atópanse dez fragmentos sonoros para coñecer a voz e o pensamento do que foi unha referencia indiscutible na expresión cultural galega durante o franquismo e a transición.

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ramón Piñeiro, Creative Commons, Día das Letras Galegas, Franquismo...