Ordes acolle a II edición do Cinestable

O festival está especializado en filmes realizados con licenza Creative Commons

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Cartel da II Edición do Cinestable

Cartel da II Edición do Cinestable

Logo do éxito da primeira edición, a casa da cultura de Ordes acolle os vindeiros 4 e 5 deste mes a segunda xeira do Cinestable. A iniciativa, centrada en curtametraxes feitas baixo licenza Creative Commons, contará coa presenza de Nicolás Alcalá, director do filme El Cosmonauta que desenvolve con este sistema e recadando fondos mediante crowdfunding. Canda a isto proxectaranse os corenta filmes que entraron a concurso nesta edición. O evento está organizado pola Asocición de Usuarios de Linux Inestable coa colaboración do Concello e de Radio Ordes.

Que che parece esta nova?
100 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ordes, Creative Commons, Casa da Cultura

Claves

Lugares