O Consello da Cultura Galega traduce ao galego as licenzas Creative Commons

Os Commons creativos

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
A partir de hoxe, calquera internauta dispón en lingua galega da ferramenta máis estendida no mundo para a cesión de dereitos de autor. A través dunha iniciativa do sociólogo Fernando Garrido e culturagalega.org, o Consello da Cultura Galega realizou a versión no noso idioma das licenzas Creative Commons, adaptadas ao ámbito xurídico español polo equipo dirixido polo profesor Ignasi Labastida, da Universitat de Barcelona. Estas licenzas permiten aos creadores dispor dun marco flexible de cesión de dereitos de autor en calquera soporte e teñen unha espectacular expansión na rede, onde institucións como o MIT ou a BBC xa o empregan para distribuír parte dos seus fondos. Culturagalega.org emprega dende hai tempo as licenzas Creative Commons para que poidas copiar e usar textos coma este sen pedirnos permiso.

Web de Creative Commons e a ligazón directa á licenza en galego; Zona RSS de culturagalega.org

Que che parece esta nova?
114 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Picadiscos Creative Commons

Picadiscos Creative Commons

O proxecto A Casa de Música mestura a gravación coa xestión de música libre de dereitos de autor

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Creative Commons, Culturagalega, Consello da Cultura Galega, MIT...