O Concerto das Letras Galegas mergúllase na creación musical contemporánea

Poderase seguir por Internet mañá venres ás 19.30 horas

| Santiago. Redacción | Seccións: Día das Letras Galegas
Compartir:
O Concerto das Letras Galegas mergúllase na creación musical contemporánea

O tradicional Concerto das Letras Galegas que organiza cada ano o Consello da Cultura Galega ía celebrarse no Teatro Jofre de Ferrol, pero a cancelación de todos os eventos culturais presenciais en Ferrol por mor da crise sanitaria provocou que o concerto se mudara a un escenario virtual. Mañá venres 30 de outubro ás 19.30 horas iniciarase, desde o Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela, a transmisión do concerto a través de Internet, e que pode ser seguido desde esta mesma noticia ou desde o web do Consello da Cultura Galega. O programa de 2020 recolle a innovación musical do Taller Atlántico Contemporáneo. No repertorio ofrecerannos un diálogo entre a música e a literatura galegas con pezas de Fernando Buide del Real, de Xan Viaño e de César Morán sobre un poema de Rosalía de Castro. Pecha o programa en estrea absoluta, unha nova peza encargada a Nani García sobre un poema de Ricardo Carballo Calero.

Segue o concerto

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito