O Consello da Cultura Galega organiza, en colaboración co Concello de Ourense, unha nova edición do Concerto das Letras Galegas que nesta ocasión viaxa á cidade auriense como homenaxe a Carlos Casares. A Real FilharmonÃa de Galicia e o Coro novo da Orquestra Sinfónica de Galicia interpretarán un programa integrado por música galega no que se vivirá a estrea absoluta da obra A formiga, do compositor Rubén VizcaÃno. A cita será mañá, martes 16 de maio, ás 20:30 horas no Auditorio Municipal de Ourense. A entrada é gratuÃta ata completar a capacidade da sala, previa retirada de invitación no despacho de billetes do auditorio dende as 18:30 horas ata o inicio do concerto.
Dende hai sete anos o Consello da Cultura Galega pon música á festa do 17 de maio co seu xa tradicional Concerto das Letras Galegas, que se celebra nunha localidade vinculada ao autor homenaxeado pola Real Academia Galega. Nesta ocasión recala por primeira vez na cidade de Ourense onde o seu Auditorio Municipal acollerá, grazas á colaboración do Concello de Ourense, esta cita anual da música e da palabra. A Real FilharmonÃa de Galicia acompañada polo Coro novo da Orquestra Sinfónica de Galicia e baixo a dirección de Maximino Zumalave interpretará a Alborada de Pascual Veiga, Lonxe da terriña de Xoán Montes, a Cantata das cantigas de Rogelio Groba e a Suite sobre cantos populares gallegos de Enrique Granados. A elas súmase a composición A formiga, elaborada por Rubén VizcaÃno a partir dun relato de Carlos Casares. “A formiga esquiadora” forma parte d´A galiña azul, unha das primeiras obras do escritor que relata a épica das cousas pequenas e logra a máxima expresividade con medios intencionadamente limitados. Deste xeito, Ourense vivirá a estrea absoluta dunha das poucas obras musicadas de Carlos Casares, autor nacido e profundamente ligado a esta cidade e a quen este ano se dedica o DÃa das Letras Galegas. O concerto será dunha hora e media aproximada de duración e contará cun intermedio. Para o remate, a coral Ruada de Ourense subirá tamén ao escenario para interpretar o himno galego. As entradas para o concerto son de carácter gratuÃto e están a disposición das persoas interesadas no despacho de billetes do auditorio de Ourense dende as 18:30 horas ata o inicio do concerto.
Actos arredor do DÃa da Letras Galegas
Dous dÃas despois do recital de Ourense, o Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela acollerá este Concerto das Letras Galegas para achegar ao público compostelán este repertorio de música galega da man, unha vez máis, da Real FilharmonÃa de Galicia co Coro Novo da Orquestra Sinfónica de Galicia, baixo a dirección de Maximino Zumalave. O evento terá lugar o vindeiro xoves, 18 de maio, ás 20:30 horas. A entrada é tamén gratuÃta, previa retirada de invitación no despacho de billetes do Auditorio de Galicia o propio xoves dende as 18:00 horas ata o inicio do recital. Estes concertos encádranse dentro das actividades previstas polo Consello da Cultura Galega para festexar o DÃa das Letras Galegas, entre as que tamén destaca a reedición da obra de Carlos Casares “As laranxas máis laranxas de todas as laranxas” e con ilustracións de LuÃs Seoane.