O sector da cultura da comarca de Ferrolterra ven de organizarse arredor da Plataforma Cultura Ferrolterra e convocar un acto reivindicativo para este mesmo sábado. Artistas da comarca, traballadores do sector das artes en vivo e dos eventos reúnense neste colectivo que ven de facer súas diversas reivindicacións do sector, incluÃdas as da campaña internacional Alerta Vermella - #facemos eventos que pide un tratamento de atención para o sector da cultura e os eventos no marco da crise provocada pola pandemia. A Plataforma Cultura Ferroltera convocou aos profesionais do sector e á cidadanÃa a participar mañá sábado un acto público de reivindicación na Praza de Armas de Ferrol co lema "Aposta pola cultura local". O manifesto da plataforma neste acto fundaméntase sobre a base de diversos comunicados e documentos que nos últimos tempos o tecido asociativo da cultura difundiu publicamente, entre eles as asociacións galegas Clubtura e Escena Galega. Neste documento a plataforma de Ferrolterra propón unha listaxe de medidas paliativas para o sector ante este contexto de crise, que divide entre medidas de contratación pública, medidas laborais e de seguridades social; medidas de financiamento empresarial e medidas sobre as subvencións públicas asà como outras medidas de fomento.