A ConsellarÃa de Cultura acaba de anunciar a posta en marcha do programa Galicia Emerxe, destinado a apoiar o sector musical ante a crise da Covid-19. A iniciativa, que xa se adiantara entre as medidas a prol da cultura, contará cun orzamento de 500.000 euros e consitirá na gravación e emisión pola TVG das actuacións ao vivo de 50 artistas e grupos galegos. O Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura acollerá ao longo do vindeiro mes de setembro o rexistro destes concertos, que se fará con público e a cumprir as correspondentes medidas sanitarias.
Os recitais, de media hora de duración cada un, tamén se retransmitirán a través da Radio Galega, en YouTube e a través plataformas de música en streaming. A ConsellarÃa prevé realizar na primeira quincena de xuño a convocatoria para participar nesta iniciativa. Poderán presentarse artistas e bandas a través de "axencias ou representantes con dedicación profesional" e a selección correrá a cargo dunha "comisión independente atendendo a criterios como a traxectoria artÃstica, a actividade recente ou a perspectiva de xénero" entre outros.