Nace A ponte dos concertos para levar a música ao vivo a domicilio

Paco Nogueiras e Fernando Barroso inauguran esta proposta dos Estudios A Ponte

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Nace A ponte dos concertos para levar a música ao vivo a domicilio

A responder á problemática do sector da música ao vivo pola crise da Covid-19, os estudios de gravación A Ponte acaban de presentar o proxecto A ponte dos concertos. A nova iniciativa pretende fornecer a grupos e solistas cunha plataforma para actuar, con bo son, realización multicámara e iluminación axeitada no propio estudio. Desde alí realizarase unha emisión en streaming que permitirá ao público asistir ao espectáculo en directo desde a casa, cun chat en tempo real para interactuar coas bandas ou co resto da concorrencia. As retransmisións serán de pago e o recadación irá íntegra a músicos e músicas.

Paco Nogueiras inaugura este 16 de maio o formato cun concerto que se retransmitirá a partir das 19 horas e que ten á venda entradas a 5 euros. Fernando Barroso celebrará o dia 21 a segunda actuación prevista, con entradas a 8 euros. O servizo de retransmisión parte dun prezo de 333 euros máis IVE para os proxectos musicais interesados.

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Covid, Espectáculo, IVE

Claves