A Rede de Música ao Vivo ofertará 96 concertos ata agosto

A iniciativa ve reducidos os seus orzamentos para 2013

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Menos concertos, menos orzamento e menos salas. A programación da Rede Galega de Música ao Vivo, que adiantou este sábado a Consellaría de Cultura mingua notablemente e contará con 75.000 euros para a primeira xeira do ano, entre abril e agosto. En total serán 96 concertos a cargo de 27 formacións que actuarán en 26 locais diferentes de todo o país. O pasado ano, arrincando as actuacións en febreiro, programáronse ata agosto 226 concertos a cargo de 69 grupos, cun orzamento de 96.893 euros, e en 2011 oferéranse 284 actuacións nese mesmo período. A axenda coa programación deste ano está dispoñible no web de AGADIC.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rede Galega de Música, Axencia Galega das Industrias Culturais