O Consello da Xunta de hoxe vén de autorizar un investimento de 2 millóns de euros a dous anos para apoiar a actividade das orquestras galegas de verbena. O goberno galego establecerá unha liña de axudas para colaborar con estas empresas nos gastos dos eventos que desenvolvan en Galicia ou fóra da nosa Comunidade sempre que nas súas xiras e materiais promovan o Xacobeo 2021, o que segundo o executivo autonómico "servirá como estratexia de promoción tanto cultural como turÃstica de Galicia". Pola conta desta liña sufragaranse gastos como o aluguer de equipos, locais, carpas ou similares, gastos directos dos artistas como salarios, viaxes ou dietas asà como calquera outro gasto relativo no evento e serán para actividades que se celebren entre o 1 de outubro de 2020 e o 31 de outubro de 2021.
As axudas outorgaranse en réxime de concorrencia competitiva, valorando, entre outras cuestións, o número de actuacións realizadas en Galicia e fóra dela o ano pasado por contratos ou o número de compoñentes do elenco artÃstico e non artÃstico da orquestra. A liña de axudas enmárcase no actual contexto de crise sanitaria que incidiu de xeito directo nas industrias culturais en Galicia. A Xunta sinala que esta inxección económica incidirá directamente nun sector do que forman parte máis de 250 empresas en Galicia e que dá traballo directo e indirecto a máis de 5.000 persoas.