Case cincuenta empresas do sector da verbena reciben axuda da Xunta de Galicia a través da convocatoria da Axencia de Turismo de Galicia feita o pasado mes de outubro. A concesión destas axudas fÃxose pública no Diario Oficial de Galicia de onte, xoves 18 de febreiro. En total repártense 1.079.600 euros co que non esgota o crédito desta partida, que contaba con 1.200.000 euros para o ano 2020 e 800.000 para o 2021. O reparto entre estas 49 empresas vencelladas ás diferentes orquestras e á montaxe de espectáculos da verbena en Galicia resulta desigual, toda vez que as subvencións tiñan un carácter competitivo valorando, entre outras cuestións, o número de actuacións realizadas en Galicia e fóra dela o ano pasado por contratos ou o número de compoñentes do elenco artÃstico e non artÃstico da orquestra. Asà a maior contÃa en subvencións, 104.000 euros, vai parar á empresa noiesa Lomunoia, relacionada con grandes formacións como ParÃs de Noia e Panorama. A meirande parte des axudas son de 20.000 euros ou menos sendo as de menor contÃa de 4.000 euros.
Pola conta desta liña sufragaranse gastos como o alugueiro de equipos, locais, carpas ou similares, gastos directos dos artistas como salarios, viaxes ou dietas asà como calquera outro gasto relativo no evento e serán para actividades con celebración entre o 1 de outubro de 2020 e o 31 de outubro de 2021. As orquestras beneficiarias deberán incluÃr nas súas xiras e materiais a promoción do Xacobeo 2021, o que, segundo expresou o executivo autonómico coa convocatoria en outubro, "servirá como estratexia de promoción tanto cultural como turÃstica de Galicia".