O CCG recupera unha das obras fundamentais de Otero Pedrayo e a xeración Nós

Inicia unha proxecto de difusión de citas da xeración Nós

22/9/2020 | Santiago. Redacción | Seccións: literaturahistoria
36 lecturas | Compartido 0 veces

Cuberta do libro

O Consello da Cultura Galega, en colaboración coa editorial Galaxia, publicou onte nas redes o que se considera un dos textos fundamentais do pensamento sobre Galicia da Xeración Nós: o Ensayo histórico sobre la cultura gallega, publicado por Ramón Otero Pedrayo en 1930. O libro percorre a historia do país tentando localizar os elementos que, ao longo da historia, foron determinantes para a configuración do carácter, a cultura e a sociedade do país. Para acompañar esta nova edición dixital desta senlleira obra, o CCG publicou un debate entre dous grandes especialistas na época e nas figuras desa xeración: os catedráticos Ramón Villares e Xosé Manuel Núñez Seixas, moderados por María Xosé Agra. Ao tempo, iniciou un proxecto para a difusión nas redes sociais do pensamento desta xeración: #citaNós. Iniciado cunha escolma de frases deste ensaio, #citaNós incluirá frases relevantes doutros intelectuais deste grupo.

Universo culturagalega.gal

17/07/2018

Quiosco: Cómaros 2

Otero Pedrayo protagoniza o segundo número da Revista Interdisciplinar de Pensamento Galego

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xeración Nós, Historia, Ramón Otero Pedrayo, Ramón Villares...