Galaxia reedita textos referenciais de Nós

Incorpora dez obras dos autores fundamentais da xeración

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

Galaxia vén de reeditar dez obras de autores clásicos da xeración Nós na colección "Nós Biblioteca". Entre os títulos, están algúns dos textos clásicos que definiron o pensamento e os intereses de moitos dos membros da xeración. Por exemplo, a Teoría do nacionalismo galego de Vicente Risco ou Co pensamento na patria, de Antón Villar Ponte, unha escolma dos seus artigos. A colección inclúe tres textos de Ramón Otero Pedrayo: as novelas O señorito da Reboraina e Entre a vendima e a castañeira, así como o ensaio Polos vieiros da saudade. De Antonio Losada Diéguez ofrécese tamén unha escolma de textos entre 1900 e 1929: O esquecido mentor de Nós e así ata completar dez títulos.

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Quiosco: Cómaros 2

Otero Pedrayo protagoniza o segundo número da Revista Interdisciplinar de Pensamento Galego

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Clásicos, Ramón Otero Pedrayo, Vicente Risco, Antonio Losada Diéguez...