Falece o escritor e xornalista Albino Mallo

Fora director de El Ideal Gallego e autor de varios ensaios

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Albino Mallo. Eduardo Castro Bal (Ollo de Vidro-ACAB) (2014). AELG

Albino Mallo. Eduardo Castro Bal (Ollo de Vidro-ACAB) (2014). AELG

Este dezaseis de setembro falecía o xornalista e escritor Albino Mallo. Nado en 1929, Mallo desenvolvera unha intensa carreira no campo da comunicación desde as súas primeiras colaboracións no xornal La Noche, con fitos como a súa etapa de correspondente internacional da axencia EFE ou o labor como director de El Ideal Gallego co que rematou a súa carreira profesional. O seu labor literario deuse no ámbito do ensaio, con traballos sobre os pintores Colmeiro, Laxeiro e Torres, A outra medeciña en Galicia sobre diferentes menciñeiros ou que describe un percorrido polas consultas de moitos menciñeiros ou a súa crónica sobre ao Café Derby de Vigo. A Asociación de Escritores en Lingua Galega, da que era membro, lamentou publicamente o seu pasamento.

Que che parece esta nova?
72 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Albino Mallo, Ensaio, Laxeiro, Colmeiro...