Este 14 de xuño falecÃa en Vigo Emilio Alonso Pimentel, xornalista especializado en música e escritor, aos 61 anos de idade. Pimentel, que publicou en edicións xerais Vigo a 80 revolucións por minuto (2011) e mais Mercurio (2009) fora galardoado co VIII Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia por este último traballo. Ademais, foi autor de ¡Po! Diario de un viaje a Palestina.
Canda ao seu labor literario desenvolveu un intenso traballo xornalÃstico, vencellado maioritariamente ao ámbito musical, e en particular á investigación e crónica da Movida Viguesa. Programas como Montaje Curioso e A Trincheira (Radiocadena Española-Vigo e RNE-Radio 4-Galicia), o concurso musical Racha coas Ondas (TVE-Galicia) ou a coordinación da revista Tintimán foron algúns dos seus traballos máis salientables neste ámbito. Tamén colaborou con publicacións como Diario 16, La Naval, Faro de Vigo, Atlántico Diario ou Valiundiez. Desde os anos 90 centrou o seu traballo como director e coordinador en diferentes programdas a TVG. Alonso era fillo do expresidente da RAG Xesús Alonso Montero e de Emilia Pimentel Iglesias.