Falece a catedrática de Literatura Araceli Herrero

Estudou, entre outras figuras, a Pardo Bazán e a Carballo Calero, de quen foi discípula

| Santiago. Redacción | Seccións: Día das Letras Galegas
Compartir:
Araceli Herrero. Fotografía de Eduardo Castro Bal (2011) para a AELG

Araceli Herrero. Fotografía de Eduardo Castro Bal (2011) para a AELG

A catedrática en Didáctica da Lingua e Literatura Araceli Herrero falecía este 10 de xuño en Lugo, de onde era natural. Nada en 1948, Herrero foi pioneira no ensino en galego despois do franquismo e desenvolveu un intenso labor de investigación filolóxica, con traballos sobre figuras como Emilia Pardo Bazán, Luís Pimentel ou Ricardo Carballo Calero, de quen foi considerada unha das discípulas predilectas. Ademais dos seus estudos monográficos realizou abondosas colaboracións en publicacións como Grial, O Ensino, Agália, A Trabe de Ouro ou a Revista Galega de Teatro entre outras.

Que che parece esta nova?
84 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Literatura, Carballo Calero, Carballo, Ensino...