Falece o escritor Isidro Novo

O autor tiña 66 anos de idade

Isidro Novo. Fonte: AELG. Autoría: Distrito Xermar (2017)
Isidro Novo. Fonte: AELG. Autoría: Distrito Xermar (2017)
O escritor lugués Isidro Novo falecía na mañá de hoxe, 1 de febreiro, aos 66 anos de idade. O autor, que publicara o pasado ano a novela O tabú da traslenda, foi tamén creador de títulos como Por unha presa de machacantes, o poemario Esteiro de noites falecidas ou o libro de viaxes O Courel de Novoneyra. Eidos de ollarollar. Ademais, desenvolveu un intenso labor xornalístico, cun programa propio en Radio Clavi, e de dinamización cultural. Neste campo impulsou a sección de recuperación do idioma Palabras con memoria da Asociación de Escritores, onde tamén participou nas actividades da Sección de Literatura Oral. Entre outros recoñecementos, recibiu os premios Modesto R. Figueiredo ou o Manuel Murguía.

Segundo informa a Asociación de Escritores en Lingua Galega, o corpo do autor está no Tanatorio de Velatorios Lucenses As Arieiras (Camiño do Seixo, s/n, Lugo). Mañá, venres 2 de febreiro, realizarase a incineración ás 19 horas. Como despedida está a se organizar un recital que se celebrará media hora antes no propio tanatorio.