Jaureguizar gaña o I Premio de Xornalismo do Museo de Lugo

Unha reportaxe sobre Luís Pimentel foi a peza co que conseguiu o premio

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O escritor e xornalista do xornal El Progreso, Santiago Jaureguizar (Bilbao, 1965), ven de acadar o I Premio Xornalístico Museo de Lugo. O xurado desta primeira edición apoiou por unanimidade a súa candidatura pola reportaxe sobre o poeta Luís Pimentel Medio siglo sin el poeta discreto, publicada o 13 de decembro de 2008 co gallo do 50 cabodano do escritor lugués. No seu fallo o xurado recoñeceu o valor do traballo de investigación realizado, que achega un gran número de variedade de fontes de información e documentación gráfica para completar un texto entre o xornalismo de investigación e a literatura.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Jaureguizar, Xornalismo, Museo de Lugo, Luís Pimentel...