O FIC Bueu inicia este 11 de setembro a súa programación adaptada

O festival de curtametraxes desenvólvese ata o vindeiro 19 de setembro co duplo de sesións programadas

10/9/2020 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Programar o duplo de sesións para cada sección, non contar con cineastas internacionais, reducir capacidade ou prescindir das visitas escolares son algunhas das medidas coas que comeza este 11 de setembro a décima terceira edición do FIC Bueu. O festival de curtametraxes desenvolverase ata o vindeiro día 19 a incluír a nova sección Escolas Internacionais, un apartado dedicado á comedia e un especial protagonismo do cinema galego, cunha charla sobre o filme Ons e un encontro coa actriz Melania Cruz, galardoada nesta xeira.

O programa de proxeccións contará con máis de 80 curtas de todo o mundo. Entre as actividades paralelas destaca un monólogo de Manuel Manquiña, a presentación da primeira entrega dos Cadernos FICBUEU, dedicada á nouvelle vague, sesións de música ao vivo ou unha ruta de tapas.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Bueu, Cine, Melania Cruz, Comedia...

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares