Panorama Galicia é o tÃtulo da nova sección competitiva que se incorpora ao Ourense Film Festival (OUFF) na súa vixésimo oitava xeira. A organización do evento presentaba este 25 de setembro a programación completa da cita, que inclúe máis dun cento de proxeccións e actividades entre o 29 de setembro e o 8 de outubro.
O novo apartado da cita contará con sete documentais e tres filmes de ficción, que aspirarán ao Premio Xacobeo a mellor pelÃcula, dotado con 8.000 euros, e os premios Ourense Film Commission á mellor dirección, mellor guión e mellor interpretación, cadanseu dotado con 2.000 euros.
Florencio na terra, A espada de Mouruás, O camiño de Ramón Chao. Trala pista de Prisciliano, Manuel Falces. Inventario de Espejos, MarÃa Casares, a muller que viviu mil vidas, Más allá de los ojos cerrados e o documental biográfico Emilia serán os tÃtulos de non ficción presentes na cita. En canto ás longametraxes de ficción, a coprodución lituano-galega-sueca Slow (Lento), a estrea do proxecto de ciencia-ficción Nueva Tierra e O corno compoñen a listaxe. A estas sumaranse outras quince producións galegas que compoñen a sección OUFF en Curto, e que se poderán ver nunha gala o vindeiro 6 de outubro.
A sección oficial internacional, pola súa banda, reúne un total de 12 tÃtulos, a incluÃr propostas de nomes como Aki Kaurismäki, Isabel Coixet, Maite Alberdi ou Lila Avilés. Por vez primeira, na mesma intégranse filmes de ficción con documentais. A selección de cintas inclúe obras premiadas en Sundance, BerlÃn, Cannes, Toronto, Seattle ou Montreal a tratar cuestións como a inmigración, transexualidade, alzheimer, infancia, a vida no rural ou o cambio climático. Fallen Leaves, de Aki Kaurismäki, Un amor de Isabel Coixet Fancy Dance da americana Erica Tremblay, Tótem de Lila Alivés, Past lives debut de Celine Song Honeymoon de Enrique Otero, Mutt de Vuk Lungulov-Klotz, a israelà The Future, o documental Adentro mÃo estoy bailando, de Leandro Koch e Paloma Schachmann, El eco, e La memoria infinita compoñen a listaxe desta sección.
O organización do festival anunciou ademais a concesión da súa Calpurnia de Honra á actriz Loles León, un galardón co que "ademais de homenaxear a súa longa e exitosa traxectoria, remarca o vÃnculo da artista coa provincia e cunha pelÃcula que se considera fundacional para o cinema galego" como é Sempre Xonxa. A intérprete barcelonesa recollerá o premio na gala de clausura do OUFF, o próximo 7 de outubro. A listaxe de galardóns do festival inclúe tamén o Premio Memoria Histórica que se lle outorgou á cineasta Ana Mariscal e que recollerá o seu fillo, David GarcÃa. Mariscal, actriz de enorme popularidade nos anos 40 e 50, "o seu recoñecemento como cineasta quedou ensombrecido pola adhesión ao regimen franquista, o mesmo que dificultou a distribución das súas mellores pelÃculas como directora", segundo apunta o fallo do galardón.
O Teatro Principal, as salas de cine Pontevella, o Cineclube Padre Feijoo e o Auditorio Municipal acollerán as proxeccións do programa, que se expande pola provincia cos roteiros de cinema ou as sesións na cadea de Pereiro de Aguiar. No aspecto musical o OUFF incluirá actuacións da Xove Orquestra OurensanÃa, a Real Banda de Gaitas da Deputación Ourense, a Burgas Big Band ou a Banda a Lira de Ribadavia.