Traducen ao galego as constelacións no sitio web Heavens above

É un servizo de axuda á observación astronómica

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia
Compartir:
Constelacións en galego. Imaxe: Twitter de Martín Pawley

Constelacións en galego. Imaxe: Twitter de Martín Pawley

Os físicos Martin Pawley e Salva Bará anunciaron que traduciron ao galego os nomes das constelacións e outros obxectos celestes do sitio web Heavens above, un coñecido espazo de apoio á observación astronómica e de satélites mantido por Chris Peat. Nunha mensaxe do seu Twitter, Martín Pawley sinalou que se atopan á espera dunha lista definitiva de constelacións na nosa lingua que estableza a Real Academia Galega.

Que che parece esta nova?
72 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Quiosco: Follas Novas 6

Quiosco: Follas Novas 6

A reivindicación da nai de Rosalía ou unha interpretación astronómica de versos da autora fan parte esta entrega

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Twitter, Real Academia Galega

Claves

Conceptos