Os restritivos limites de capacidade dos espazos culturais impostos pola Xunta de Galicia en determinadas áreas de risco do paÃs están detrás da nova medida tomada desde o Teatro Principal de Ourense. O auditorio, que inicia este xoves a programación do resto do ano coa obra teatral La fiesta del chivo dirixida por Carlos Saura, ven de facer a devolución dos abonos de temporada aos seus usuarios para iniciar de novo un proceso de venda de entradas único para cada espectáculo e coa restrición actual ditada pola ConsellerÃa de Sanidade dun máximo de 60 persoas no público por representación, algo por riba do 15% da súa capacidade. A posibilidade xa fóra anticipada hai uns dÃas na vista das medidas que se estaban a tomar ante as repuntas de contaxios de COVID-19 e que tiveron as mesmas consecuencias en outros grandes recintos de Santiago e Coruña coma o Teatro Colón e o Auditorio de Galicia que tamén tiveron unha máximo de 60 asistentes a pesares de ter unha capacidade próxima ao milleiro de persoas. Onte mesmo a asociación escena Galega facÃa público un comunicado amosando "fonda preocupación e estrañeza polas medidas, absolutamente restritivas" nestes espazos. En declaracións ao xornal La Voz de Galicia a directora do Teatro Principal, Olga Mojón, deixou ver a incerteza ante a continuación dos espectáculos presentados xa para os vindeiros meses ante a dificultade de "manter unha programación estable que sustente os abonos". Segundo un comunicado dende a dirección do teatro afirman estar a traballar para que "o máis axiña posible e tendo en conta as indicacións de vicepresidencia 2ª , póidanse poñer á venda as entradas para os espectáculos programados".