A asociación profesional de compañÃas de artes escénicas Escena Galega ven de facer público un comunicado sobre as medidas tomadas polo executivo galego no relativo á capacidade dos espazos escénicos. Para Escena Galega as capacidades máximas permitidas de asistentes resultan "fondamente restritivas" tendo en conta que non se ten detectado nestes meses de reactivación cultural ningún gromo relacionado cos espectáculos ao vivo. Sen deixar de amosar coma prioridade a seguridade sanitaria de público e traballadores, a asociación lembra que o cumprimento de protocolos marcados polas autoridades está a ser estrito e exhaustivo no sector cultural e polo tanto resulta para eles "difÃcil de entender en base a que criterios se establecen medidas como a restrición de capacidade dos espazos escénicos ou mesmo o peche doutros espazos de actividade cultural como medida preventiva", din no seu comunicado en clara alusión a salas de concertos e cafés-teatro.
Os empresarios das artes escénicas solicitan no seu comunicado á administración galega que en troques de levar a cabo estas restricións xeneralizadas tomen medidas que atendan de maneira especÃfica á porcentaxe de capacidade nos espazos, reforzando a seguridade do público e das persoas traballadoras da cultura. Declaran un certo agravio comparativo con outros sectores ante a situación de que "teatros e outros espazos escénicos de 1.000 localidades deban operar en certas vilas e cidades a unha capacidade máxima de 60 espectadores (6% da capacidade total do espazo)", unha circunstancia que se deu a semana pasada en recintos coma o Teatro Colón da Coruña ou o Auditorio de Galicia en Santiago e que xa foi obxecto de outras protestas polo persoal artÃstico.