As novas medidas de seguridade sanitaria presentadas esta semana polas autoridades autonómicas e publicadas xa no Diario Oficial de Galicia traen tamén cambios no relativo ás capacidade de asistencia de público a espectáculos e uso de equipamentos culturais. Na división por niveles de restrición, a inmensa maiorÃa dos concellos galegos sitúase no nivel de "Concellos con nivel de restrición media-baixa" (denominación D). Para estes amplÃanse as capacidades mantendo en todo caso todas as medidas xerais de hixiene e prevención. Asà no relativo á asistencia de público cines, teatros, auditorios, congresos e outros eventos e espazos similares, asà como en recintos ao aire libre e noutros locais e establecementos destinados a espectáculos públicos e actividades recreativas, cambian os máximos de asistentes para o grupo de concellos con menor risco puidendo alcanzar ata o 50 por cento da capacidade permitida dentro dos lÃmites cuantitativos fixados. Polo de agora descoñécese como afectarán estes cambios áos espectáculos en carteleira e se haberá ampliación de venda de entradas. Xustamente para hoxe está prevista a reapertura de varias salas de cine nas cidades da Coruña e Vigo.
Nos concellos do grupo D o lÃmite máximo poderá chegar as 300 persoas para lugares pechados e de 1000 persoas se se trata de actividades ao aire libre, todo isto respectado a limitación de porcentaxe da capacidade permitida, que non poderá superar en ningún caso o cincuenta por cento. Para os demais concellos mantense en duascentas cincuenta persoas para lugares pechados e cincocentas persoas ao aire libre sen superar nunca o 30 por cento da capacidade do recinto. En todos os casos as capacidade calcúlanse con público sempre sentado e de forma que se garde sempre a distancia mÃnima de seguridade de 1,5 m nas catro direccións entre os asistentes, salvo que se trate de persoas conviventes. No relativo á entrada e uso de instalacións culturais coma bibliotecas, arquivos, museos e salas de exposicións, monumentos e outros equipamentos, tanto de titularidade pública como privada, as actividades presenciais poderán acadar unha capacidade máxima do cincuenta por cento da capacidade máxima permitida, un aumento substancial respecto ao trinta por cento previo, no que aÃnda permanecen os concellos de niveis de restrición superiores.
(Modificacións en base á correción de erros publicada no DOG Núm. 53-Bis do Xoves, 18 de marzo de 2021)