O espectáculo teatral Fariña de Ainé Producións preparaba unha volta aos escenarios galegos cun gran número de pases na Coruña e posteriormente en Pontevedra que ven de ter que cancelarse debido ás restricións de capacidade das salas. A produtora ven de anunciar a imposibilidade de seguir adiante ante as limitacións de 60 persoas por pase que impón a Xunta de Galicia a calquera recinto, independentemente do seu tamaño. "Ningún dos nosos espectáculos", din desde Ainé a través das redes sociais, "pode representarse para un aforo de 60 persoas", un número de venda de entradas que lles impide a viabilidade como promotora. A montaxe teatral dirixida por Tito Asorey e baseada na obra homónima de Nacho Carretero Ãa estar no teatro Colón da Coruña durante seis dÃas -do 17 ao 22 de novembro- e en Pontevedra, para paliar as limitacións e chegar a máis xente Ãan facer dous pases diarios entre o 10 e o 13 de decembro supoñendo ata oito representacións na cidade do Lérez. A cancelación é para todas estas datas e a produtora asegura que seguirá insistindo en que "a cultura é segura e que nos teatros as restricións deben ser acordes aos niveis de risco".