Fariña estrea unha versión teatral

Estrease na Coruña o 25 de outubro

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:

Fariña leva camiño de converterse nun dos proxectos de contido galego con máis características transmedia. De libro xornalístico pasou a serie de ficción e, agora, estrearase unha versión teatral os días 25 e 26 de outubro no Teatro Colón da Coruña. A obra, producida pola produtora de Xosé A. Touriñán, está dirixida por Tito Asorey e tamén se poderá ver en Carballo, Vigo, Pontevedra, Santiago, Narón, Lugo, Vilagarcía, Ourense e Cangas. A obra de teatro recrea as vidas de familias, narcotraficantes, policías e políticos corruptos, seguindo as liñas argumentais do libro de Nacho Carretero. Conta coun elenco no que están Xosé A. Touriñán, Marcos Pereiro, María Vázquez, Cris Iglesias ou Sergio Zearreta.

Que che parece esta nova?
64 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Asorey, Nacho Carretero, María Vázquez...