Non é dos novos novísimos pero é da nova fornada da escena galega. Tito Asorey chegou ao teatro da man de Ánxeles Cuña, no grupo de Teatro Tarumba da Universidade Laboral de Ourense, coa que inicia unha fonda amizade que o leva a ingresa no elenco estable de Sarabala Teatro ata o ano 2010. Combina un bo pasado teatral cunha formación continuada a través da ESAD e numerosos proxectos e premios.
Na traxectoria de Asorey hai abondosos proxexectos. Alén da etapa Sarabela ((O lapis do carpinteiro, Sexismunda, Así que pasen cinco anos, O heroe, Macbeth, Margar e o pazo do tempo, A esmorga, que lle valeu un premio María Casares), durante a súa etapa universitaria ourensá estivo moi vencellado á Aula de Teatro Universitaria Maricastaña, dirixida por Fernando Dacosta, coa que participou en montaxes como Hamlet, O país das últimas cousas ou Conto de Inverno.
Foi en 2011 cando da un salto máis e pasa a formar parte do elenco da última montaxe de Ur Teatro, Macbeth, dirixida por Helena Pimenta.
Pero nel hai máis que interpretación. Curteuse da man de múltiples colectivos teatrais como Grupo de Teatro Tarumba (co que acadou nos anos 2007, 2008 e 2010 o Premio Nacional de Teatro Joven Buero ao mellor espectáculo e á mellor dirección coas súas montaxes Remanente #1 , Mort e Don Juan, que foron representadas na sede do Centro Dramático Nacional), o grupo de teatro Muxicas, composto por actores e actrices cegos.
En 2008 comeza os seus estudos superiores de Dirección de Escena e Dramaturxia na ESAD de Galicia, que lle permite profesionalizarse como a montaxe Ai Carmela!, da compañía Teatro de Adro. Así ata 2012, cando coa súa licenciatura da ESAD funda, xunto a catro actores e actrices, a compañía ilMaquinario Teatro.
A suá paixón polo teatro combínase tamén coa docencia teatral en varias institucións como a Aula de Teatro da Universidade de Vigo (Campus de Ourense), a da Universidade de Santiago de Compostela (Campus de Lugo), diversas asociacións culturais e centros educativos