Falece Xosé María Méndez Doménech creador da revista Vagalume

Foi tamén actor de dobraxe e vicepresidente do Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte

21/8/2020 | Santiago. Redacción | Seccións: NecrolóxicasLinguaComunicaciónbanda deseñada
56 lecturas | Compartido 0 veces

Capa da Revista Vagalume en 1975

Aos 76 anos de idade falecía o pasado día 19 de agosto Xosé María Méndez Doménech (Santiago, 1944). foi o creador da primeira publicación periódica en galego, a revista quincenal infantil e xuvenil 'Vagalume'. Méndez Domenech partía dun activismo político antifranquista polo que no ano 68 formaba parte da Alianza Democrática de Estudiantes, o que o levou a ser metido en cadea e expulsado do recinto académico pola Universidade de Santiago. A súa militancia galeguista expresouse despois a través da creación e dirección da revista 'Vagalume', na que se publicaron entre 1975 e 1978 algúns dos primeiros materiais didácticos para o ensino en galego e mesmo banda deseñada. Ademais diso, Xosé María Méndez Doménech tamén foi actor de dobraxe e formou parte da directiva do Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte (Semescom) onde levou a cabo unha constante labor de investigación.


Universo culturagalega.gal

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Morte, Costa da Morte, Banda deseñada, Ensino...