
O Museo de Pontevedra acollÃa o pasado 2 de maio o acto que daba a coñecer este volume, no que participaron Xosé Fortes, antigo director da cabeceira, canda aos colaboradores Alfonso Pexegueiro e César Portela. Canda a eles, participaron da publicación nomes coma Marta Isabel GarcÃa de Leániz, Carlos Casares, Alfredo Conde, Pura Vázquez, Siro López, Manuel Moldes, Xoán Babarro ou Xosé MarÃa Méndez Doménech, promotor da cabeceira.
Para alén do seu carácter pioneiro como publicación infantil en galego, Vagalume tivo unha especial importancia no desenvolvemento da banda deseñada galega, a acoller traballos de autores como Oitabén, Xiráldez ou Saavedra Pita entre outros.
O volume que agora ve a luz recolle a totalidade de entregas publicadas, cada unha delas con entre 20 e 22 páxinas, ademais dunha introdución a explicar a importancia daquel proxecto. A obra ponse á venda a un prezo de 27 euros.