A Xunta de Galicia vén de licitar cun investimento de 394.000 euros obras de conservación e mellora de diversos ámbitos da Catedral ourensá, que inclúen a fachada occidental, o nártex, as torres de San Martiño e das Campás e dous patios laterais delimitados pola nave central, as naves laterais, a zona do coro e as torres. A devandita intervención está cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.Unha vez adxudicadas, as obras terán unha duración máxima de seis meses e con elas solucionaranse algunhas das patoloxÃas prioritarias do templo, de cara a evitar un maior deterioro deste, permitir a súa utilización e mellorar cuestións relativas á visibilidade dos seus elementos patrimoniais singulares. O templo, que ten categorÃa de Ben de Interese Cultural, foi consagrado en 1188 e é de planta de cruz latina, con tres naves que na súa orixe terÃan tres ábsidas, da que só se conserva a central, composta á súa vez por cinco absidiolas.
Intervención na fachada occidental
Segundo comunica a Xunta de Galicia, ao respecto da fachada oeste, ademais da reposición de faltas e os traballos de limpeza, preconsolidación, consolidación e selado, desmontarase e retirarase unha trazarÃa de pedra do século XVI, trasladándose para a súa exposición nun lugar axeitado, e procederase á desmontaxe dunha vidreira colocada no século XX no rosetón do corpo superior.
Polo que respecta á trazarÃa pétrea, a intervención buscará mellorar a apreciación dos elementos escultóricos da portada románica, axudando asà a unha mellor interpretación do conxunto. Ademais procederase á desmontaxe dunha vidreira contemporánea situada no rosetón do corpo superior, ao entenderse segundo Patrimonio que conta cunha presenza excesiva debido aos perfÃs de aluminio que a definen. Deste elemento almacenaranse aqueles vidros que se consideren de interese. Posteriormente, procederase á instalación dunha nova carpinterÃa de latón na que a Diocese de Ourense instalará a nova vidreira.
Actuacións no nártex e torres
No nártex, mediante estas obras acometerase a substitución da iluminación do Pórtico do ParaÃso por unha iluminación que mellore o impacto visual das existentes e a súa eficiencia enerxética; restauraranse as portas de madeira de acceso e realizaranse dúas catas na base da torre das Campás para investigar a orixe das humidades presentes nesta zona.
Polo que respecta á torre de San Martiño e a torre das Campás realizarase unha limpeza e rexuntado xeral das mesmas; acometerase a restauración ou substitución das carpintarÃas, procedéndose á protección dos ocos e, ademais, naqueles lugares con cornixas e repisas susceptibles de filtración de auga ou acumulación de sucidade, colocarase unha chapa de cobre e medidas antiaves. Finalmente, nos patios laterais, substituirase a cuberta plana existente por unha cuberta invertida con acabado superficial de pedra granÃtica e realizaranse pequenas reparacións das carpinterÃas e da instalación eléctrica.