Viñetas desde o Atlántico confirma a celebración da súa nova xeira

O festival de BD centrarase no público infantil e xuvenil entre o 17 e o 23 de agosto

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Viñetas desde o Atlántico confirma a celebración da súa nova xeira

Ainda que pendentes do desenvolvemento da situación sanitaria da Coruña, o festival de banda deseñada Viñetas desde o Atlántico confirma polo momento a súa nova edición. O programa, que se presentou este venres 7 de agosto achega unha edición reducida e centrada na BD infantil e xuvenil que se desenvolverá entre os días 17 e 23 deste mes. Agustín Ferrer, Pau, Alessandro Barbucci, Enrique Vegas e Xulia Vicente, autora da BD Elisa e Marcela do Consello da Cultura Galega, son os nomes que farán parte desta nova edición como convidados.

Canda ás mostras dos seus traballos, haberá unha exposición dedicadas a Katie O’Neill, outra con traballos das principais editoras estais de cómic para público non adulto (Cúpula, Astronave, Astiberri, Mamut e Nuevo Nueve) e unha última que recolle os premios Castelao de Alberto Vázquez e Martín Romero. Tony Sandoval asina o cartel desta vixésimo terceira edición.

A organización deixa pendente o programa sinaturas e de encontros cos autores e mantén no programa as actividades da Rúa da BD, que se desenvolverán con medidas de seguridade contra a Covid-19 e segundo o permita a situación sanitaria.

Que che parece esta nova?
84 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Viñetas desde o Atlántico, Atlántico, Elisa e Marcela, Banda deseñada...