A Xunta convoca as axudas á edición de libros

Inviste 200.000 euros nesta liña de apoio ao sector editorial

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O Diario Oficial de Galicia recolle hoxe a convocatoria das axudas á edición, distribución e comercialización de libros. Esta liña, dotada con 200.000 euros, apoia ata un 70% dos custos de edición, distribución e comercialización de cada obra, editada tanto en galego como noutros idiomas entre setembro de 2019 e o final de outubro de 2020. A convocatoria prevé un apoio máximo de 4.000 euros para obras de non ficción, 3.000 para traballos de ficción, de poesía e de teatro e ata 5.000 para as orientadas ao público infantil e xuvenil. Os traballos en galego recibirán ata un 20% máis de subvención. As editoras interesadas en participar desta convocatoria teñen un mes de prazo a partir do seis de agosto.

Que che parece esta nova?
64 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Poesía, Teatro

Claves

Conceptos