A Real Academia Galega anunciou a incorporación de novas entradas ao seu Dicionario vinculadas á saúde por mor da pandemia. A máis relevante (e discutida estes dÃas nas redes sociais) é gromo, co cal se define a "aparición súbita dunha enfermidade epidémica entre a poboación dun determinado lugar", cada repunta como "nova aparición de algo, especialmente dunha enfermidade epidémica nun lugar en que xa estaba controlada ou en vÃas de desaparición". Outras entradas xa incorporadas ao Dicionario da RAG son como triaxe, gotÃcula, polimerase ou cápside. Nun artigo, o coordinador do Seminario de LexicografÃa da RAG, Manuel González, explica as razóns das eleccións da RAG.