A Real Academia Galega modificou no seu dicionario en liña, co gallo do DÃa Mundial da Concienciación sobre o Autismo que se celebra hoxe, a definición de 'autismo' e deixa de utilizar as palabras 'enfermidade psicolóxica' para utilizar 'trastorno do desenvolvemento neurolóxico'. A nova redacción acordada polo Seminario de LexicografÃa adáptase aos cambios producidos na súa descrición cientÃfica e mais na súa percepción social. "Conscientes do papel que a institución desempeña na sociedade, a RAG quere promover os principios de xustiza, igualdade e respecto á diversidade, o que nos leva a un proceso constante de revisión e modernización do dicionario", sinala a académica de número MarÃa Dolores Sánchez Palomino, coordinadora en funcións do Seminario de LexicografÃa, na resposta remitida á Federación de Autismo Galicia, que solicitou a actualización da definición da entrada de autismo e facilitou documentación sobre a revisión cientÃfica dos criterios diagnósticos do autismo, que deixaron atrás a súa consideración como unha enfermidade.
"O autismo non cumpre con este criterio, xa que non implica un mal funcionamento dos sistemas corporais, senón diferenzas no procesamento neurolóxico. O cambio na súa conceptualización reflicte unha comprensión máis moderna e respectuosa da diversidade neurobiolóxica e destaca a importancia de aceptar e apoiar as persoas no espectro autista en función da súas necesidades e fortalezas individuais", salienta na carta remitida á RAG a federación, que representa máis de dez mil persoas, entre as que presentan autismo e as súas familias. A nova redacción define asà o autismo como un "trastorno do desenvolvemento neurolóxico caracterizado pola dificultade na interacción social e na comunicación e por padróns de pensamento e comportamento restrinxidos, repetitivos e estereotipados". No apartado de observación engádese que normalmente se emprega a expresión trastorno do espectro autista ou trastorno do espectro do autismo (TEA) para designar un conxunto amplo de condicións que teñen unha prevaleza de 1 caso cada 100 nacementos. De acordo cos cambios na entrada de autismo, tamén foi actualizada a voz autista, que en versións anteriores do Dicionario RAG o definÃa como alguén "que sofre unha enfermidade psicolóxica que o afasta da realidade exterior, encerrándoo en si mesmo, e que o incapacita total ou parcialmente para comunicarse cos demais", unha descrición que hoxe quedou desfasada e descartada cos criterios observados.