O XVIIº Curtocircuíto celebrarase en outubro

O festival audiovisual propón un formato mixto entre proxeccións presenciais e en liña

28/7/2020 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Curtocircuíto - Festival Internacional de Cine de Santiago de Compostela, fai públicas as datas da súa próxima edición: do 3 ao 11 de outubro deste 2020. Dados os condicionamentos e as limitacións xurdidas da crise COVID-19, a organización propón para esta décimo sétima edición do festival un formato reducido e mixto que combinará a programación en liña, a través da plataforma Filmin e das redes sociais do festival, cunha serie de proxeccións e eventos puntuais nas súas sedes habituais en Santiago de Compostela. Malia a redución de programación, Curtocircuíto manterá as catro seccións competitivas tradicionais: Radar, Explora, Planeta GZ e Penínsulas, co obxectivo de preservar a esencia do evento. Aínda que nun formato compacto, Curtocircuíto continuará a ser un punto de encontro e lugar para a confluencia de distintas disciplinas, mantendo como eixo principal o cinema de autor e a aposta polas linguaxes contemporáneas.O Festival Internacional de Cine de Santiago de Compostela, que desvelará máis contidos da súa programación nas próximas semanas, está organizado polo Concello de Santiago e conta co apoio da Deputación da Coruña, o Consorcio de Santiago e a AGADIC. A convocatoria para a recepción de filmes a competición queda aberta desde hoxe ata o próximo 10 de agosto a través da plataforma ShortFilmDepot.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Curtocircuíto, Cine, Santiago de Compostela, Covid...