"O corno", a segunda longametraxe da directora e guionista Jaione Camborda, terá a súa estrea galega na xornada inaugural do 20 Curtocircuíto o 3 de outubro no Teatro Principal de Santiago de Compostela, tras o seu paso pola Sección Oficial do Festival Internacional de Cine de San Sebastián e polo Festival Internacional de Cinema de Toronto onde será a primeira película española que compite na sección Platform. Segundo a organización do festival, a elección de 'O corno' para a inauguración "subliña o interese de Curtocircuíto por xerar un espazo de visibilidade para o cinema realizado en Galicia", aposta que tamén indican que se reflexa nas seccións para ao cinema galego: Planeta Gz, Supernova, a sección Terra, adicada a Arancha Brandón, #OutraCompostela, ademais da homenaxe á Roberto Vidal Bolaño que renderáse na sección paralela Curtocircuíto x Cineclube de Compostela.
No marco dos contidos de cinema galego que se anuncian en primicia, a sección competitiva Planeta GZ ofrece unha escolma de oito películas que, cun nivel cinematográfico excepcional, combina nomes consolidados como os de Enar de Dios, Helena Girón, Ángel Santos e Xacio Baño cos de Borja Santomé ou Anxos Fazáns, novas olladas cinematográficas que xa son moito máis que unha promesa. A selección presenta achegamentos heterodoxos á paisaxe que van dende o drama cercano ó romanticismo do western Ulises de Felix Brisel ata o ensaio cientificista Ecotone (Enar de Dios) pasando pola experimentación sensorial de Bloom (Helena Girón e Samuel Delgado) ou a poética de Devociones (María Serna e Ángel Montero); filmes arredor da maternidade, o fogar e os conflitos internos ("Non te vexo", de Xacio Baño, Habitar de Anxos Fazáns e Ruovesi de Andrea Zapata-Girau, respectivamente); artefactos de psicodelia neurótica como a animación "Alguén me chamou Serpe Negra" de Borja Santomé; e filmes xeneracionais como "Alicia fai cousas", no que Ángel Santos volve afondar nos dilemas da mocidade.
Pola súa banda, SUPERNOVA, a sección que dá cabida a traballos de novas creadoras e creadores emerxentes cun ollar propio e rebosante de identidade, presenta unha selección de nove pezas que transitan diferentes formas e camiños para falar. Esta edición recolle os traballos de artistas audiovisuais galegas comprometidas coa nosa heterodoxa cultura cinematográfica. Dende propostas que revisitan vínculos e acontecementos familiares como "Noitevella 1999" de Uxía Gayoso, cuestionan e evidencian a crudeza do poder como Tara de Rebeca Tella e Daniel Filloy ou navegan entre a mitoloxía e a maxia da cotidianeidade como en "O amor é a auga que corre" de Claudia Pineda. Supernova acolle, unha vez máis, as brillantes voces do panorama local máis recente. Na edición 2023, a protagonista da sesión especial Terra será Arancha Brandón, artista visual galega e fotógrafa procedente de A Guarda (1995). O seu traballo, que abarca dende o cinema ata a experimentación visual pasando por fashion films e vídeoclips, é testemuña -en forma e contido- das inquedanzas da súa xeración e da súa contorna. No seu estilo plástico, sensualidade e decadencia dán lugar a pezas de gran sutileza, que fan do traballo de Arancha unha singularidade xa recoñecible.
Homenaxe e revisión sobre Vidal Bolaño
Na súa filosofía de recuperar o patrimonio inmaterial da cidade de Santiago e de Galicia, o Festival retoma a súa colaboración co Cineclube de Santiago de Compostela na sección paralela Curtocircuíto x Cineclube de Compostela, para render tributo á figura do dramaturgo, director de escena e actor Roberto Vidal Bolaño, persoeiro fundamental das rúas de Compostela e axente cultural e social imprescindible da cidade na segunda metade do s.XX. Principalmente coñecido polo seu traballo vinculado ás artes escénicas, a súa obra esconde unha cara b vecellada ao cinema e, sobre todo, á televisión. Nun contexto de emerxencia audiovisual, ao albor da nacente TVG e outras iniciativas, o creador compostelán desenvolveu unha serie de proxectos visuais pouco coñecidos polo gran público que agora Curtocircuíto e o Cineclube queren poñer en valor. A sesión contará coa presenza de familiares e colaboradores de Vidal Bolaño.
#OutraCompostela regresa un ano máis: esta actividade deseñada por Curtocircuíto enfocada en educar ao redor do cinema, rexurde renovada para presentar novidades en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, o apoio de Santiago Turismo e da Santiago de Compostela Film Commision. A novidade deste ano será que o concurso universitario pasa a ter como plataforma as RRSS, o cal permitirá unha maior visibilidade e interacción entre os participantes o e público. Como vén pasando dende 2015, arredor de vintecinco estudantes de comunicación volverán a filmar a cidade de Santiago a partir das premisas que próximamente lle dará a dirección artística do festival.