Ante os riscos que supoñen as tradicionais actividades festivas de verán, en canto a aglomeracións o Concello de Chantada (Lugo) ven de substituÃr moitos de estes eventos de agosto por actividades culturais, que demostran ser máis seguras e doadas de controlar. Asà o recolle o xornal La Voz de Galicia na súa edición de Lemos, asegurando a vontade do consistorio de ofrecer aos veciños e visitantes múltiples actividades culturais en troques das habituais verbenas, romarÃas e festas gastronómicas. O xornal apunta a eventos como a Semana de Cinema (10 a 14 de agosto) e a Mostra de Teatro Maruxa Villanueva (18 a 21 de agosto) que se levarán a acabo na praza do Cantón dispoñendo de ata 350 asentos. Segundo recolle o xornal, o concelleiro de cultural da localidade, Manuel Diéguez asegura que nas circunstancias actuais "non se pode nin pensar en celebrar actos como o Folión de Carros, as OlimpÃadas Rurais, a carreira de carrilanas, os grandes concertos ou a Festa da Empanada" pero si ve posible "actividades nas que se poida establecer un aforo controlado e respectar todas as medidas de seguridade sanitaria". Ademais das actividades mencionadas tamén terán lugar eno mesmo espazo un certame de bandas de música e tres espectáculos do ciclo Cultura no Camiño dirixidos a un público familiar. O consistorio seguirá a presentar outras actividades para público infantil, asà coma pasarrúas, buscando aqueles tipos de proposta máis seguras para a poboación.