Pontevedra elimina o Vibrasons da programación estival

Os tradicionais concertos trasládanse da Ferraría á praza de España

8/7/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: espectaculos
16 lecturas | Compartido 0 veces

Malia que a web do festival Vibrasons segue estando operativa, o encontro non terá continuidade. O festival organizado polo concello de Pontevedra “cae” da habitual programación estival polo recorte económico. No deseño da oferta lúdico-cultural, ademais da tradicional programacion con dúascentas actividades gratuítas para todas as actividades. En total, o concello gastará 950.000 euros (130.000 menos que en edicións anteriores) en organizar actividades que dinamicen o verán pontevedrés. Entre as novidades desta edición, ademais da Festa da Diversidade, os espectaculos musicais celebrarasen na renovada Praza de España por ter máis capacidade que a Ferraría. A música seguirá sendo o eixe principal das actividades previstas, aínda que tamén haberá oco para outras artes como o teatro.


Universo culturagalega.gal

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pontevedra, Teatro, Concello de Pontevedra

Claves

Conceptos
Lugares